domingo, 24 de febrero de 2013

A AVOA GRIMM. Visitamos...ALEMAÑA.

MADLENKsegue a viaxar polo mundo.
Nesta volta queda en EUROPA de novo. 
Coa avoiña GRIMM descobre un país no medio do continente. 
É ALEMAÑA...


Xa sabes que se fas clic na bandeira poderás resolver o PUZZLE 

ALEMAÑA está un pouquiño máis lonxe que Italia, mais non tanto como o estaba a India.
Pódelo ver neste mapa:


En ALEMAÑA fálase o alemán, que é un idioma un pouco diferente ao noso. Pero ten unha certa semellanza co inglés, podes escoitalo neste alfabeto tan chulo:


 ou neste de animaliños..



Se tes curiosidade polas cores e os animais,  escoita estes peixes ...





Sen esquecer os números que tanto nos divirten...



Ou os días da semana..




ALEMAÑA ten moitas cousas curiosas de ver. 
A súa capital chámase BERLÍN e está situada aquí:


Pero hai moitas cidades especiais no país.
Olla cómo é agora.


Grazas a MARÍA BARCO, LUCÍA y ELVA NÚÑEZ polas súas maravillosísimas fotos. 
Apertas a todas, chicas!!

Algúns dos músicos e dos escritores de contos máis famosos do mundo naceron en ALEMAÑA. E de seguro que coñeces moitísimos dos contos tradicionais recollidos polos irmáns GRIMM, sen dúbida parentes da avoa veciña de MADLENKA.

Un dos contos favoritos de TICs é o de
¿Lembras a cidade que semellaba ser dun conto? 
Pois isa era BREMEN.


Neste conto dos irmáns GRIMM fálase moitísimo de BREMEN e da súa sona de cidade acolledora, divertida e de boa xente. 
Olla as aventuras destes catro animais na súa andaina por ALEMAÑA...


Axiña subiremos moitos contos dos irmáns GRIMM no blogue de TICs, verás que ben o pasas...
Namentres queda con este Castelo de Conto de Fadas, o famosísismo NEUSCHWANSTEIN



que encargou o rey Luís II de Baviera . 



Aquí tes a súa maqueta, pero vas precisar moita axuda dun maior...



Pódelo colorear on line ou imprimilo para podelo colorear onde precises...


Uns coñecidos nosos xa o visitaron vai tempo. ¿Queres velos?

video

Pero se o queres visitar on line, averiguar máis cousas del, facer a tua coroa,  ou xogar no propio Castelo, aquí o poderás facer.  
Benvid@ á páxina oficial do Castelo de NEUSCHWANSTEIN ...


¡¡AUF WIEDERSEHEN!!